DÍAS DE ENTROIDO

Xoves de Comadres

O xoves anterior ao venres de Entroido celébrase o Día das Comadres. Dise que as mulleres reuníanse cando non era costume que estas saísen cos seus maridos. Falaban das súas cousas ou facían doces para as festas. Co paso dos anos destas reunións saían cancións que tiñan que ver cos labores cotiáns, co pobo, etc., e que se foron pasando de xeración en xeración.

O Xoves de Comadres dan comenzo os días grandes do Entroido en Laza.  Durante a mañá, os cativos do CEIP «O CASTIÑEIRO» de Laza, quentarán motores polas rúas de Laza coas chocas para, posteriormente, ó redor da hora de comer, arrancan co seu Folión, que comenza na porta do colexio e percorrerá as principais rúas de Laza.

Cheos de ilusión, son os máis cativos os protagonistas durante a mañá, para darlle paso ás mulleres, moitas delas súas nais, que arrancarán coa festa e Cea de Comadres xa polo lusco fusco.

A verbena porá o remate do día.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies