DÍAS DE ENTROIDO

Venres de Entroido

O lume, sempre presente na cultura humana, toma protagonismo neste día de Entroido en Laza.

Entrada a noite, os fachóns escorrentarán os malos espíritos presentes nas culturas máis ancestrais, e máis se cabe ao noso orixe celtíbero.

 

O Venres de Entroido aparece, trala primeira noite.

Durante o día vanse facendo os preparativos para que todo este a punto. O máis importante do día virá pola noite, cando de comezo o Gran Folión, unha exaltación de emocións para desprenderse e protexerse dos malos espíritos.

As persoas que asisten, deberían levan obxectos como os fachóns de palla, cobelleiros, bombos ou latas que se farán soar, etc. Todo obxecto susceptible de soar que se nos ocurra, coa finalidade es espantar as cousas malas. Os chocos, que soarán por última vez antes de chegar o domingo, acompañarán no percorrido.

O Folión comenza no barrio da Cerdeiriña, para subir ata a Picota. Desde alí, pola Rúa, chegaremos a Souteliño. De volta para Laza, de novo pola Cerdeiriña, pásase por Barrio para subir a Cimadevila e ao Solado, onde remata. Percorréronse uns 6 km cantando e bebendo e a festa continúa ata o día seguinte.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies