DÍAS DE ENTROIDO

Sábado de Entroido

As nais, que son principalmente as portadoras deste legado, arranxan os últimos detalles do traxe, o Traxe de Peliqueiro.

Mentras tanto, nas cociñas e lareiras cheira a cocido, a xamón asado, a cabrito,… 

Chega o sábado de Entroido e o corpo está cansado do Folión… Pero non se para. Os mozos e mozas ultiman os preparativos das carrozas que sairán o domingo; prepárase a Cabritada dos Moz@s para pola noite e os Peliqueiros, sacan brillo aos zapatos e mailos chocos.

Pola tarde, os rapaces máis cativos teñen o día grande deles: a Fariñada. Algúns corren polas rúas coas chocas e coa zamarra, afinando o son desas choquiñas que ao día seguinte, sairán novamente na estrea.

Cai a noite, e os lumes das lareiras dan calor mentras nas mesas se cantan as cantigas de sempre.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies