Martes de Entroido
Coa retranca dun mestre da vida, o Testamenteiro informará ós presentes dos acontecementos descoñecidos do ano.
Os Peliqueiros Veteráns dan inicio a este día. Con elegancia e saber estar pola experiencia, corren polas rúas e na Picota. Aquí non importa a velocidade da zancada, importa o estilo. Os anos pesan e a velocidade da xuventude deixa paso ao porte con clase. Cara o mediodía, percorren as casas do pobo para facer a visita aos veciños.
Pola tarde, o desfile de carrozas percorre novamente as rúas. Lese o Testamento e faise o Enterro do Entroido ou Queima do Arangaño.
O Entroido está a piques de rematar. Os Peliqueiros amosarán o seu loito tralo enterro portando un pano negro que cruza a mitra da Careta de lado a lado. A verbena porá o punto e seguido ao Entroido do ano seguinte.