DÍAS DE ENTROIDO

Luns de Entroido

Día onde ser normal, perde o sentito.

Farrapos ou Formigas coa fariña e a Morena, son ingredientes que non poden faltar neste día.

Día para lembrar, no que se dice que si vés unha vez, repites. 

O luns convertiuse no día máis importante en Laza para os visitantes. Non porque sexa o mellor, se non porque é distinto aos demais días.

Á media mañá, cando o corpo aínda non está descansado, ten lugar a Farrapada. Os farrapos (trapos untados en bulleiro), farán as delicias dos que por alí pasen con roupas limpas. Sexa ou non pola Praza da Picota. Os que por alí se asomen, serán víctimas do lodo. 

Débese recalcar, que o farrapo non é para facer dano a ninguén, se non para manchar. O que prima é divertirse, faltaría máis, máis non facerse dano tirando os farrrapos de forma que poida lesionar a calquera, e menos tiralo á cara. Consiste en manchar de bulleiro ás persoas que se atopen limpas, con disimulo ou sen el, pero sen chegar a causarlle dano ó adversario.

Mentres a farrapada ten lugar na Picota, a Xitanada dous Burros percorre as rúas.

Pola tarde, a iso do lusco fusco, as Formigas e a Morena invadirán a Picota procedentes de Cimadevila, acompañados por fariña, toxos e cobelleiros, o Burro e os Peliqueiros.

Cando as formigas se retiraron, faise o Reparto da Cachucha e o pan. Unha comida que non pode faltar neste Entroido. 

¡Tranquilos, que hai para todos!

Pola tarde e pola noite, as orquestras amenizan a festa, ata que o corpo poida.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies