Domingo de Entroido
A Bica dos Peliqueiros, elaborada de maneira artesanal, que será degustada na Praza da Picota.
Sen durmir, percorren as rúas os que aguantaron a noite. O día amanece e óense os primeiros Chocos. Chegou a Estrea dos Peliqueiros.
Por tradición, dan os bos días aos veciños percorrendo as rúas co son dos Chocos. Aqueles que aínda dormen, empezan a espertarse. Con elegancia, percorren as rúas camiño da Praza da Picota, onde máis lucen.
Á Saída da Misa, amablemente, saúdan aos que asistiron á mesma. Desde alí, nunha longa fila diríxense á Cerdeiriña. Van a recoller o carro da Bica. De volta na Picota, faise o Reparto da Bica entre os asistentes ata que esta se acabe.
Cando este acto finaliza, os Peliqueiros, en grupos reducidos, van casa por casa a facer unha visita a todos aqueles que por un ou outro motivo, non puideron ir á Picota.
Pola tarde, o Desfile de Carrozas da entrada á festa da tarde. As oruquestas amenizan o baile. Trala cea, a festa continúa.