O Entroido foise e ainda seguimos traballando nel, e quizáis agora quede a parte máis duro para nós. Pero antes de que corramos o risco de olvidarnos, e queremos darvos as gracias de corazón, POR TODO. A todos os que participastes, a todos os que quixestes botar unha man, a todos os que de maneira económica, en especie ou moralmente, nos prestastes a vosa axuda.

A todos G R A C I A S !!!

NOTA: E despois de dar as gracias, pedimos disculpas. Disculpas por eses erros, que os houbo. Porque lonxe do que vós pensedes, nós sabemos que houbo erros, e algún grave. Deste xeito, iranse tratando os leves nos vindeiros días para mellorar de cara ao 2018. Por eses erros que pudemos cometer, PERDÓN!

O que non podemos deixar pasar, como erro grave, foi a calidade da comida servida na carpa que permaneceu instalada durante os cinco días. Dende o venres, tivemos queixas de comensais que se acercaron a comer ou cear. Despois de falar cos responsables o sábado pola tarde para mellorar esta situación, ofrecéronnos novamente a todos unha mala Cabritada. E decimos a todos, porque membos desta Comisión viviron en 1ª persona a mala calidade ofrecida, lonxe do que no seu día lles foi contratado   Pulpería O Bo Xantar, responsable da carpa. Decirvos, que a mesma empresa estivo o ano pasado ofrecendo un excelente servizo, motivo polo que se confiou nela para esta edición 2017 e con máis motivos para non entender o sucedido.

Por todo isto, esta Comisión NON foi responsable da mala calidade e servizo da carpa, pero só estamos na obriga de dar a cara, asumir o erro grave e pedirvos disculpas a todos os afectados. Asumimos este erro e traballaremos novamente para recuperar a vosa confianza.

Comunicado da Comisión do Entroido 2017

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies